martes, 17 de agosto de 2010

Festa de presentación do Reciclaxe 2010


Amigos felinos, este venres, 20 de agosto tendes unha cita á que non podedes faltar, a festa de presentación do Reciclaxe 2010 !!!
A festa tera lugar en Vigo, na zona de Churruca, comezando cun concerto de Emilio José no Club Vademecwm (Iglesias Esponda, 30) e a continuación festa rachada na Casa de Arriba (Martín Códax, 23) amenizada polos prestixiosos Zarpaelamor dilleis.


miércoles, 4 de agosto de 2010

RECICLAXE 2010


Un ano máis O Sorriso Felino déixase caer nas redes do Reciclaxe que será celebrado o vindeiro 4 de setembro, de 11:00 a 23:00 na zona de Churruca en Vigo. Nós estaremos no Golem (rúa Irmandiños, 2) ¡quedades tod@s convidad@s!

Nesta ocasión, O Sorriso Felino rodearase de bos amigos, dunha beira o talento de eme.longa coa súa arte imprescindible, por outra beira o asombroso contador de contos danilo co seu Despacho de libros e finalmente unha nova incorporación para o evento: chámase Beatriz Mariño e deixará sorprendidos a todos coas suas orixinais creacións!!

Non deixedes escapar esta ocasión: música, papeo, amigos e tendiñas, unha xornada de luxury total!!