martes, 16 de noviembre de 2010

A HOSTIA EN VERSO: RETURNS!!


(en palabras de María Lado):


A vinganza, como sabedes, sérvese fría como a cervexa e por iso é mellor administrala en garitos. Así que se vós tamén precisades resarcirvos da anterior Hostia en verso, ou simplemente queredes pasar unha noite moi entretida, convidámosvos a unha nova e sempre diferente sesión deste combate lírico sen igual.

A oportunidade de revancha terá lugar este venres, día 19 de novembro, ás 21:30 horas, no pub Galería Jazz (Ronda de don Bosco, 21, Vigo) e desta volta enfrontará a Ledicia Costas, Daniel Landesa, Xabier Xardón, David Rodríguez, Lara do Ar e Miguel Valverde ou o que é o mesmo: poetas montañeses versus poetas pescos!

O acto é unha divertida velada na que ambos equipos se enfrontarán para gañar o favor do público e estará presentado polas poetas Lucía Aldao e María Lado, que xa sacaron da súa mente enferma un número sorpresa. Contará tamén coa intervención musical da banda de Mr. Carácter e coa colaboración da artista plástica María Longa, que realizará unha intervención en directo.

Haberá tamén ricos e gratuítos petiscos para o público asistente, que se verá reconfortado coa posibilidade de votar el mesmo o equipo gañador ao longo dos tres asaltos que compoñen este singular combate!!!

E todo isto... de balde!!! Hai algún lugar onde che dean máis por menos, que non sexa a casa de túa nai?

Pois xa sabes. Vente animar os pescos ou os montañeses. A nós encantaríanos verche por alí, porque sabes que todo isto que facemos non ten sentido sen a túa presenza.


E xa vos adiantamos que estarán no Culturgal2010

lunes, 25 de octubre de 2010

Nómada SuperMarket 2010

O Sorriso Felino anda un pouco atarefado porque está no colexio aprendendo a a coser saias e roupiña chula, polo que ten o blog e a tenda totalmente desatendidas.
Nembargantes, ainda que tarde, quere contar que o mes pasado foi de visita ó Nómada Supermarket, porque morría de ganas por ir, e volveu namorado.

Todos os stands eran unha marabilla pero gustáronme especialmente os seguintes:
Misspink
Lady Desidia
Santa Mistura
Tienda Krize
The pink inuit
Colorin colorado

A verdade e que o evento paga a pena, o felino disfrutou coas suas compriñas, coñecendo xente interesante, asistindo ós talleres, participando nos sorteos e un longo etcétera

E lembrade, se pasades por Madrid, non perdades o musical AvenueQ!

miércoles, 1 de septiembre de 2010

3- 2- 1: RECICLAXE 2010!!



Xa non queda nada!
Repetimos para os máis rezagados: este sábado, 4 de setembro, celebraráse a 3ª edición do Reciclaxe vigués, no barrio de Churruca. Para os que queirades máis información, poderedes ver esta noite a partir das 23:00 h. as noticias en TeleVigo.

Na imaxe adxunta podedes atopar a ubicación de todos os locais participantes no mercadido deste ano. Non deixedes ningún sen visitar!!

Como novidade nesta edición, e coa fin de financiar a seguinte, poderanse adquirir unhas bolsas moi bonitiñas deseñadas por David Sierra para a ocasión. Ide lixeiros se non queredes quedar sen unha, gato que avisa non é traidor!!

O minino sorrinte estará este ano no local número 5 do mapa, non damos máis pistas para que poidades gozar coa procura, vémonos de 11 a 23!!

E para rematar a xornada haberá unha festa de despedida na Casa de Arriba cunha prometedora pinchada de boa música en galego organizada por GalegoLab a partir das 12 da noite da man dos dilleis Iago Martínez e María Yáñez. Non se pode pedir máis.

martes, 17 de agosto de 2010

Festa de presentación do Reciclaxe 2010


Amigos felinos, este venres, 20 de agosto tendes unha cita á que non podedes faltar, a festa de presentación do Reciclaxe 2010 !!!
A festa tera lugar en Vigo, na zona de Churruca, comezando cun concerto de Emilio José no Club Vademecwm (Iglesias Esponda, 30) e a continuación festa rachada na Casa de Arriba (Martín Códax, 23) amenizada polos prestixiosos Zarpaelamor dilleis.


miércoles, 4 de agosto de 2010

RECICLAXE 2010


Un ano máis O Sorriso Felino déixase caer nas redes do Reciclaxe que será celebrado o vindeiro 4 de setembro, de 11:00 a 23:00 na zona de Churruca en Vigo. Nós estaremos no Golem (rúa Irmandiños, 2) ¡quedades tod@s convidad@s!

Nesta ocasión, O Sorriso Felino rodearase de bos amigos, dunha beira o talento de eme.longa coa súa arte imprescindible, por outra beira o asombroso contador de contos danilo co seu Despacho de libros e finalmente unha nova incorporación para o evento: chámase Beatriz Mariño e deixará sorprendidos a todos coas suas orixinais creacións!!

Non deixedes escapar esta ocasión: música, papeo, amigos e tendiñas, unha xornada de luxury total!!

lunes, 5 de julio de 2010

Poesía Alimentaria

O Club de Poetas Gourmet presenta "Poesía Alimentaria", un recital poético no que poderemos disfrutar das voces e poemas de Lucía Aldao, Ledicia Costas, David Rodríguez, María Aldao, Lara Doar, Miguel Valverde, Daniel Landesa e Laura Sáez. Miguel Seoane será o encargado de ambientar musicalmente o evento.

Xunto co recital teremos a oportunidade única de ver como a artista María Longa crea en directo un cadro que será sorteado entre o público asistente ó remate do expectáculo.


E para os que, coma mín, precisen manter o estómago entretido, haberá pinchiños de balde para así alimentar corpo e alma.


Non perdades a oportunidade de disfrutar desta completa velada o próximo sábado 10 de Xulio ás 21:30 na Galería Jazz (Ronda de Don Bosco 21 . Vigo), todo un acontecemento!

viernes, 30 de abril de 2010

Collar violeta


Materiales: Abalorios, tela y lazos.
Técnicas: Costura a mano y a máquina.
Hecho a mano.
Tamaño aproximado: 35 cm
Descripción: Collar de abalorios forrado con tela violeta bordada a máquina. Decorado con lazos y abalorio.
Informacion adicional: El collar hace juego con el bolso de fiesta violeta. Se pueden realizar en otros colores por encargo.

martes, 27 de abril de 2010

Bolso de fiesta violeta


Materiales: Tela, abalorios y encaje.
Técnicas: Costura a mano y a máquina.
Hecho a mano.
Tamaño aproximado: 27 x 17 cm.
Descripción: Bolso de fiesta violeta, forrado y con bolsillo interior, decorado con abalorios y encaje negro. Dispone de cierre magnético.
Informacion adicional: Disponemos de un collar a juego con el bolso realizado con el mismo tejido. Se aceptan encargos con modificaciones en cuanto al color y al tamaño.

domingo, 25 de abril de 2010

Broches identificadores

Materiales: Tela, hilo y fieltro.
Técnicas: Bordado a mano y costura a máquina.
Hecho a mano
Tamaño aproximado : 12 x 8 cm.
Descripción: Broche identificador bordado a mano y cosido sobre tela de vichy y fieltro. El broche es acolchado y se sujeta a través de un imperdible con cierre de seguridad.
Informacion adicional: El broche se realiza por encargo con el nombre y la ilustración que desee el cliente. También es posible modificar el tamaño final del broche y los colores del mismo.

miércoles, 21 de abril de 2010

Broche árbol


Materiales: Tela, fieltro y arcilla polimérica.
Técnicas: Costura y modelado de arcilla.
Totalmente hecho a mano
Tamaño aproximado: 10 cm.
Descripción: Broche acolchado de tela y fieltro con adornos de arcilla polimérica.

martes, 20 de abril de 2010

Llavero de Cthulhu




Material: Hilo de ganchillo
Técnica: Ganchillo
Hecho a mano
Tamaño aproximado: 15 cm.
Descripción: Llavero de ganchillo con la forma de Cthulhu SD.
Cthulhu es un primigenio del mundo marino ideado por el autor de terror cósmico Howard Phillips Lovecraft; cuya mitología versa sobre extraños seres extraterrestres que habitaron la Tierra mucho antes de que los hombres aparecieran y de sus intentos presentes por recuperarla.

sábado, 23 de enero de 2010

Humerales y Pajariles!


O próximo venres 29 de Xaneiro se inaugura a exposición "Humerales y Pajariles" ás 8 da tarde no Golem (rúa Irmandiños nº 2 en Vigo).
Dende OSorrisoFelino queremos animar a todo o mundo a achegarse (tendes ata o 28 de febreiro para facelo) a coñecer á obra desta ilustradora de fantasías infantís que sabe chegar ó corazonciño da xente cos seus cadros, deseños e pinturiñas que nos trasladan a un mundo moi coñecido por todos os da nosa xeración, con lembranzas da infancia, colores popeiros, doces e lambetadas, moita marcha, contiños para cativos e moitas cousas máis vanse concentrar neste recuncho acolledor de churruca.
Non perdades esta oportunidade, acercádevos e comprobádeo pola vosa conta. O día da inauguración haberá pinchiños, non vos dicimos máis.

lunes, 28 de diciembre de 2009

O Sorriso Felino en Lo+FashiON



O Sorriso Felino está de Showroom, nuestros productos ya se encuentran expuestos y a la venta en la octava edición del Showroom Internacional LO+FASHION, que se está celebrando en ESPACIO METTRO, en la ciudad de A Coruña, del 15 de diciembre al 8 de enero.


Localización: Praza de Lugo 23, A Coruña.

Horario: 11:00 a 14:00 e 17:30 a 20:30.


O Sorriso Felino está de Showroom, os nosos produtos xa andan expostos e á venda na oitava edición do Showroom Internacional LO+FASHION, que se está celebrando no ESPACIO METTRO, na cidade da Coruña, do 15 de decembro ao 8 de xaneiro.


Localización: Praza de Lugo 23, A Coruña.

Horario: 11:00 a 14:00 e 17:30 a 20:30.


martes, 22 de diciembre de 2009

Nadal 2009




sábado, 19 de septiembre de 2009

O Sorriso Felino coa Cultura























Volvimos de Reciclaxe. La experiencia fue más que gratificante. Pero como todo buen blog, despues del duro trabajo de los días previos a la feria nos tocó descansar.

Pero durante las semanas siguientes seguimos trabajando sin parar. Nos complace anunciar que fruto de nuestras conversaciones con Proxecto-Q, o Sorriso Felino pasa a colaborar de forma directa en el I Certame de MicroQontoS que se convoca con el único objetivo de incentivar la creación en lengua gallega.

La labor de O Sorriso Felino será la elaboración de los "trofeos" exclusivos que se repartirán entre los participantes en el Certamen, en el que estamos seguros que habrá un gran éxito de participación y calidad literaria.


Volvemos de Reciclaxe. A experiencia foi máis que gratificante. Pero como todo bo blog, despois do duro traballo dos días previos á feira tocounos descansar.

Pero durante as semanas seguintes seguimos traballando sen parar. Comprácenos anunciar que froito das nosas conversas con Proxecto-Q, o Sorriso Felino pasa a colaborar de forma directa no I Certame de MicroQontoS que se convoca co único obxectivo de incentivar a creación en lingua galega.

O labor d'O Sorriso Felino será a elaboración dos "trofeos" exclusivos que se repartirán entre os participantes no Certame, no que estamos seguros que haberá un grande éxito de participación e calidade literaria.