miércoles, 9 de marzo de 2011

MERENDACEA. POESÍA PARA DEVORAR.

Dende OSorrisoFelino querémosvos convidar a Merendacea, un espectáculo feito con moito cariño, no que o tempo váisevos pasar voando e á saida sentiredes que o corpo vos pide que a festa continue!

Soamente adiantarvos que OSorrisoFelino deixará a súa pegada cuns agasallos moi poéticos para repartir entre o público asistente, sorte a todos!!

Merendacea é un espectáculo colectivo, elaborado a modo de cabaret, que ten como denominador común a lírica. Merendacea vén sendo un recital de poesía pero non o recital de poesía ao que estás afeito, senón algo máis. Nace da necesidade de experimentación dun grupo de creadores que procuran novas maneiras de transmitir o feito poético. Por iso en Merendacea hai poesía, música, danza, teatro, videocreación, e, sobre todo, moito h...umor. E tal vez unha escasa dose de solemnidade, necesaria aínda non sabemos moi ben para que.

Na primeira sesión de Merendacea poñerán poesía, e outras cousas, Ledicia Costas e a bailarina Nuria Baila; Xabier Xil Xardón; Daniel Landesa e a pintora María Longa; David Rodriguez; Lara do Ar; Miguel Valverde; María Reimondez e o titiriteiro Borxa Ínsua. O indefinible dúo eléctrico IgMig encargarase da parte musical que recomendamos non perder, e as poetas María Lado e Lucía Aldao oficiarán de presentadoras desta singular noite.

Merendacea é un proxecto dos creadores dos recitais-combate A hostia en verso producido polo museo Verbum Casa das Palabras de Vigo.




0 comentarios: