lunes, 29 de agosto de 2011

Xa está aquí!! RECICLAXE 2011

Un ano máis OSorrisoFelino participa no Reciclaxe, o mercadillo máis modernocho da cidade Olívica.
Ademáis das ofertas habituais deste evento: mercadillo de roupa de segunda man, libros, discos, novos diseñadores, exposición, obradoiro de reciclaxe para nenos, pinchos e tapas a prezos populares, DJ's.. este ano chega cargadiño de novidades: novos locais uníronse a esta iniciativa, haberá micro concertos itinerantes polos locais e moitas sorpresas máis.
OSorrisoFelino repite este ano local, por sorte teremos ocasión de estar de novo no Golem (Calle Irmandiños 2, Vigo) e na mellor compaña: Myu Myu Artesanía con moreas de complementos e Daniel Landesa co seu posto de libros. Cunha pouca de sorte poderemos disfrutar de pequenos recitais poéticos "da Hostia".
E as sorpresas non veñen só da organización, OSorrisoFelino preparou moitas novidades para o seu postiño, así que animádevos a dar unha volta, non me sexades preguiceiros!!

Vémonos!!


1 comentarios:

Myu on 1 de septiembre de 2011, 2:19 dijo...

Yuhuu...sempre atopo cousas que me gustan, así que tocará botar unha ollada. ;)
Xa queda pouco para o sábado..¡¡Alí estaremos!!