miércoles, 26 de octubre de 2011

Premio Blogger Luxury!

Logo de dous anos de andaina este gato recibe o seu primeiro premio chegado da man de Myu Myu artesanía, moitísimas grazas e un bico.

Non deixedes de visitar o seu blog porque esta cheo de cousiñas lindas e sorprendentes.

E, por non romper coa tradición, aquí están algúns dos meus blogs preferidos e que quero premiar:



- Myu Myu Artesania e non porque me concedese o premio ;) senón porque traballa moito e ben.
- Sago porque o seu traballo animounos a dar vida a este felino.
- Les Coccons fainos desexar que nos conviden a máis bodas ;)
- Modernism and Vintage son unha fan do seu estilo impecable.
- Lady Desidia gústame todo o que fai.
- La Bocöque impresionante traballo o de estas rapazas.
- Defectos espaciales os meus favoritos bolsiños de man, Isabelle.
- La Tita Lola gústanme moito os seus bolsos de man.
- Demeniñas preciosa bisutería
- Santa mistura estou namorada das cousiñas que fai.

martes, 6 de septiembre de 2011

Mercadillo nas festas de Canido!

Este sábado día 10 de setembro, OSorrisoFelino repite mercadiño nas Festas dos Liñares en Canido. Estaremos o sábado a partir das 18:30 no Camiño Liñares en Canido.

E o luns día 12 non perdades a noite da xuventude coa primeira edición da Rockmería dos Liñares.

lunes, 5 de septiembre de 2011

QUE BEN O PASAMOS!

Este sábado celebrouse en Vigo o Reciclaxe Churruca 2011. Este felino pasouno mellor que xogando con axóuxeres.

Dende este pequeno espazo queremos felicitar á organización do evento e a todas as persoas que participaron dunha ou doutra maneira, e sobre todo dar grazas a todo o mundo porque estivo realmente xenial! Especialmente ás persoas que máis acompañaron o andar deste felino de longos bigotes: o postiño de libros de proxectoQ e a marabillosa caixa de sorpresas que sempre son as novidades de Myu Myu!

Déixovos unha foto do meu posto no Golem, grazas Óscar polo ben atendidos que nos tes.

E que máis dicir que non sexa outro, outro, outro!!!

lunes, 29 de agosto de 2011

Xa está aquí!! RECICLAXE 2011

Un ano máis OSorrisoFelino participa no Reciclaxe, o mercadillo máis modernocho da cidade Olívica.
Ademáis das ofertas habituais deste evento: mercadillo de roupa de segunda man, libros, discos, novos diseñadores, exposición, obradoiro de reciclaxe para nenos, pinchos e tapas a prezos populares, DJ's.. este ano chega cargadiño de novidades: novos locais uníronse a esta iniciativa, haberá micro concertos itinerantes polos locais e moitas sorpresas máis.
OSorrisoFelino repite este ano local, por sorte teremos ocasión de estar de novo no Golem (Calle Irmandiños 2, Vigo) e na mellor compaña: Myu Myu Artesanía con moreas de complementos e Daniel Landesa co seu posto de libros. Cunha pouca de sorte poderemos disfrutar de pequenos recitais poéticos "da Hostia".
E as sorpresas non veñen só da organización, OSorrisoFelino preparou moitas novidades para o seu postiño, así que animádevos a dar unha volta, non me sexades preguiceiros!!

Vémonos!!


jueves, 25 de agosto de 2011

FESTA PRESENTACIÓN RECICLAXE 2011


Hoxe é a presentación do Reciclaxe 2011, a festa terá lugar en La Fábrica de Chocolate (Rogelio Abalde 22, Vigo) cos concertos de Fluzo e Guerrera.

As entradas estarán á venda na porta e terán un custe de 5 euros. Os primeiros en chegar terán unha galleta do máis especial feita por Mmmh! Tartas de Bea.

Ó longo da noite haberá un sorteo de dúas entradas para o festival Metamovida, camisetas e bolsas conmemorativas desta edición.

¿Qué máis se pode pedir? pois xentiña, canta máis mellor, animádevos!!

viernes, 19 de agosto de 2011

XA CHEGA! RECICLAXE 2011

Xa queda moi pouco para o Reciclaxe 2011 e este ano O Sorriso Felino ven cheiño de novidades. Estade atentos porque pronto anunciaremos data e ubicación.

Pero de momento, para ir facendo boca, o 25 de agosto temos a festa de presentación na Fábrica de Chocolate, onde poderemos escoitar o son dos grupos Fluzo e Guerrera. Non faltedes!!

sábado, 19 de marzo de 2011

Onte foi un éxito!!

Onte celebrouse o espectáculo Merendacea, sintoo moito polos que non tiveron á sorte de estar alí, porque o éxito foi rotundo. Encheron o salón de actos do Verbum e o cabaré poético non deixou indeferente a ninguén.
Este felino está moi agradecido a toda a organización e en especial ás presentadoras do evento, María Lado e Lucía Aldao, que fieron unha presentación incrible dos obxectos poéticos que O Sorriso Felino preparou para a ocasión.
Os tres obxectos xa teñen un novo fogar e foi moi divertido ver como a xente procuraba versos para subir as poxas para conseguir os ben merecidos premios. Grazas a todos, foi un pracer colaborar convosco, vémonos na seguintes!!

viernes, 18 de marzo de 2011

VINDE MERENDACEAR CONNOSCO!!

Houbo “tal” cantidade de comentarios preguntando polas caixas que non nos queda outra que amosárvolo contido ¿gústavos?Esta tarde-noite todos e todas teredes a ocasión de conseguir algún dos obxectos poéticos das imaxes, abonda con vos achegardes ata o Verbum ás 20:30 e agardar as instrucións que María Lado e Lucía Aldao argallaron para vós. Sorte a tod@s !!!


jueves, 17 de marzo de 2011

Obxectos poéticos

Non houbo moitos comentarios das caixas, así que imos probar con pequenos retallos dos obxectos poéticos que este felino argallou para agasallar ao público da Merendacea de mañá no Verbum. Se queredes máis fotiños xa sabedes... comentade!!!













1: Daniel Landesa Q-ema [MODA GALEGA]













2: Versos de Ledicia Costas













3: CUQUI- Poema de María Lado

miércoles, 16 de marzo de 2011

Merendacea trae agasallos

As poetas e os poetas de Merendacea argallaron unha sorpresa para o espectáculo deste venres.
Só podo adiantarvos que ten que ver coas caixas da imaxe e cunha exposición temporal do verbum que podedes visitar estes días.
Ah, e o contido das caixiñas vano levar para a súa casa alguns dos asistentes...
Se queredes saber un pouco máis só tendes que deixar un comentario neste blog ou a través do facebook.

miércoles, 9 de marzo de 2011

MERENDACEA. POESÍA PARA DEVORAR.

Dende OSorrisoFelino querémosvos convidar a Merendacea, un espectáculo feito con moito cariño, no que o tempo váisevos pasar voando e á saida sentiredes que o corpo vos pide que a festa continue!

Soamente adiantarvos que OSorrisoFelino deixará a súa pegada cuns agasallos moi poéticos para repartir entre o público asistente, sorte a todos!!

Merendacea é un espectáculo colectivo, elaborado a modo de cabaret, que ten como denominador común a lírica. Merendacea vén sendo un recital de poesía pero non o recital de poesía ao que estás afeito, senón algo máis. Nace da necesidade de experimentación dun grupo de creadores que procuran novas maneiras de transmitir o feito poético. Por iso en Merendacea hai poesía, música, danza, teatro, videocreación, e, sobre todo, moito h...umor. E tal vez unha escasa dose de solemnidade, necesaria aínda non sabemos moi ben para que.

Na primeira sesión de Merendacea poñerán poesía, e outras cousas, Ledicia Costas e a bailarina Nuria Baila; Xabier Xil Xardón; Daniel Landesa e a pintora María Longa; David Rodriguez; Lara do Ar; Miguel Valverde; María Reimondez e o titiriteiro Borxa Ínsua. O indefinible dúo eléctrico IgMig encargarase da parte musical que recomendamos non perder, e as poetas María Lado e Lucía Aldao oficiarán de presentadoras desta singular noite.

Merendacea é un proxecto dos creadores dos recitais-combate A hostia en verso producido polo museo Verbum Casa das Palabras de Vigo.




martes, 22 de febrero de 2011

Carrefour dice

Reproduzco aqui el mensaje que me ha enviado Carrefour:
Estimado administrador, En vista de los comentarios y opiniones vertidas en su blog sobre las similitudes existentes entre nuestro producto y el desarrollado por la diseñadora Vanessa Borrell, \"Lady Desidia\", hemos realizado el pertinente proceso de verificación y, dando preferencia al respeto de cualquier derecho que pueda corresponder a la diseñadora, hemos decidido retirar el producto de todas nuestras tiendas como medida preventiva. Asimismo, hemos adoptado las medidas necesarias para esclarecer las causas que han dado lugar a estos hechos y evitar así, en lo sucesivo, situaciones como ésta. Le agradecemos profundamente la preocupación mostrada y esperamos que valore nuestra rápida respuesta ante la situación. Atentamente.

miércoles, 16 de febrero de 2011

Con dos bolsas en cada mano: Carrefour plagia a Lady Desidia

Con dos bolsas en cada mano: Carrefour plagia a Lady Desidia: "Si habíamos comenzado la semana con la desagradable noticia de los usos inapropiados que Inditex ha hecho de varias fotografías de bloggers ..."

martes, 16 de noviembre de 2010

A HOSTIA EN VERSO: RETURNS!!


(en palabras de María Lado):


A vinganza, como sabedes, sérvese fría como a cervexa e por iso é mellor administrala en garitos. Así que se vós tamén precisades resarcirvos da anterior Hostia en verso, ou simplemente queredes pasar unha noite moi entretida, convidámosvos a unha nova e sempre diferente sesión deste combate lírico sen igual.

A oportunidade de revancha terá lugar este venres, día 19 de novembro, ás 21:30 horas, no pub Galería Jazz (Ronda de don Bosco, 21, Vigo) e desta volta enfrontará a Ledicia Costas, Daniel Landesa, Xabier Xardón, David Rodríguez, Lara do Ar e Miguel Valverde ou o que é o mesmo: poetas montañeses versus poetas pescos!

O acto é unha divertida velada na que ambos equipos se enfrontarán para gañar o favor do público e estará presentado polas poetas Lucía Aldao e María Lado, que xa sacaron da súa mente enferma un número sorpresa. Contará tamén coa intervención musical da banda de Mr. Carácter e coa colaboración da artista plástica María Longa, que realizará unha intervención en directo.

Haberá tamén ricos e gratuítos petiscos para o público asistente, que se verá reconfortado coa posibilidade de votar el mesmo o equipo gañador ao longo dos tres asaltos que compoñen este singular combate!!!

E todo isto... de balde!!! Hai algún lugar onde che dean máis por menos, que non sexa a casa de túa nai?

Pois xa sabes. Vente animar os pescos ou os montañeses. A nós encantaríanos verche por alí, porque sabes que todo isto que facemos non ten sentido sen a túa presenza.


E xa vos adiantamos que estarán no Culturgal2010

lunes, 25 de octubre de 2010

Nómada SuperMarket 2010

O Sorriso Felino anda un pouco atarefado porque está no colexio aprendendo a a coser saias e roupiña chula, polo que ten o blog e a tenda totalmente desatendidas.
Nembargantes, ainda que tarde, quere contar que o mes pasado foi de visita ó Nómada Supermarket, porque morría de ganas por ir, e volveu namorado.

Todos os stands eran unha marabilla pero gustáronme especialmente os seguintes:
Misspink
Lady Desidia
Santa Mistura
Tienda Krize
The pink inuit
Colorin colorado

A verdade e que o evento paga a pena, o felino disfrutou coas suas compriñas, coñecendo xente interesante, asistindo ós talleres, participando nos sorteos e un longo etcétera

E lembrade, se pasades por Madrid, non perdades o musical AvenueQ!