sábado, 19 de marzo de 2011

Onte foi un éxito!!

Onte celebrouse o espectáculo Merendacea, sintoo moito polos que non tiveron á sorte de estar alí, porque o éxito foi rotundo. Encheron o salón de actos do Verbum e o cabaré poético non deixou indeferente a ninguén.
Este felino está moi agradecido a toda a organización e en especial ás presentadoras do evento, María Lado e Lucía Aldao, que fieron unha presentación incrible dos obxectos poéticos que O Sorriso Felino preparou para a ocasión.
Os tres obxectos xa teñen un novo fogar e foi moi divertido ver como a xente procuraba versos para subir as poxas para conseguir os ben merecidos premios. Grazas a todos, foi un pracer colaborar convosco, vémonos na seguintes!!

viernes, 18 de marzo de 2011

VINDE MERENDACEAR CONNOSCO!!

Houbo “tal” cantidade de comentarios preguntando polas caixas que non nos queda outra que amosárvolo contido ¿gústavos?Esta tarde-noite todos e todas teredes a ocasión de conseguir algún dos obxectos poéticos das imaxes, abonda con vos achegardes ata o Verbum ás 20:30 e agardar as instrucións que María Lado e Lucía Aldao argallaron para vós. Sorte a tod@s !!!


jueves, 17 de marzo de 2011

Obxectos poéticos

Non houbo moitos comentarios das caixas, así que imos probar con pequenos retallos dos obxectos poéticos que este felino argallou para agasallar ao público da Merendacea de mañá no Verbum. Se queredes máis fotiños xa sabedes... comentade!!!













1: Daniel Landesa Q-ema [MODA GALEGA]













2: Versos de Ledicia Costas













3: CUQUI- Poema de María Lado

miércoles, 16 de marzo de 2011

Merendacea trae agasallos

As poetas e os poetas de Merendacea argallaron unha sorpresa para o espectáculo deste venres.
Só podo adiantarvos que ten que ver coas caixas da imaxe e cunha exposición temporal do verbum que podedes visitar estes días.
Ah, e o contido das caixiñas vano levar para a súa casa alguns dos asistentes...
Se queredes saber un pouco máis só tendes que deixar un comentario neste blog ou a través do facebook.

miércoles, 9 de marzo de 2011

MERENDACEA. POESÍA PARA DEVORAR.

Dende OSorrisoFelino querémosvos convidar a Merendacea, un espectáculo feito con moito cariño, no que o tempo váisevos pasar voando e á saida sentiredes que o corpo vos pide que a festa continue!

Soamente adiantarvos que OSorrisoFelino deixará a súa pegada cuns agasallos moi poéticos para repartir entre o público asistente, sorte a todos!!

Merendacea é un espectáculo colectivo, elaborado a modo de cabaret, que ten como denominador común a lírica. Merendacea vén sendo un recital de poesía pero non o recital de poesía ao que estás afeito, senón algo máis. Nace da necesidade de experimentación dun grupo de creadores que procuran novas maneiras de transmitir o feito poético. Por iso en Merendacea hai poesía, música, danza, teatro, videocreación, e, sobre todo, moito h...umor. E tal vez unha escasa dose de solemnidade, necesaria aínda non sabemos moi ben para que.

Na primeira sesión de Merendacea poñerán poesía, e outras cousas, Ledicia Costas e a bailarina Nuria Baila; Xabier Xil Xardón; Daniel Landesa e a pintora María Longa; David Rodriguez; Lara do Ar; Miguel Valverde; María Reimondez e o titiriteiro Borxa Ínsua. O indefinible dúo eléctrico IgMig encargarase da parte musical que recomendamos non perder, e as poetas María Lado e Lucía Aldao oficiarán de presentadoras desta singular noite.

Merendacea é un proxecto dos creadores dos recitais-combate A hostia en verso producido polo museo Verbum Casa das Palabras de Vigo.