miércoles, 4 de agosto de 2010

RECICLAXE 2010


Un ano máis O Sorriso Felino déixase caer nas redes do Reciclaxe que será celebrado o vindeiro 4 de setembro, de 11:00 a 23:00 na zona de Churruca en Vigo. Nós estaremos no Golem (rúa Irmandiños, 2) ¡quedades tod@s convidad@s!

Nesta ocasión, O Sorriso Felino rodearase de bos amigos, dunha beira o talento de eme.longa coa súa arte imprescindible, por outra beira o asombroso contador de contos danilo co seu Despacho de libros e finalmente unha nova incorporación para o evento: chámase Beatriz Mariño e deixará sorprendidos a todos coas suas orixinais creacións!!

Non deixedes escapar esta ocasión: música, papeo, amigos e tendiñas, unha xornada de luxury total!!

0 comentarios: