miércoles, 1 de septiembre de 2010

3- 2- 1: RECICLAXE 2010!!



Xa non queda nada!
Repetimos para os máis rezagados: este sábado, 4 de setembro, celebraráse a 3ª edición do Reciclaxe vigués, no barrio de Churruca. Para os que queirades máis información, poderedes ver esta noite a partir das 23:00 h. as noticias en TeleVigo.

Na imaxe adxunta podedes atopar a ubicación de todos os locais participantes no mercadido deste ano. Non deixedes ningún sen visitar!!

Como novidade nesta edición, e coa fin de financiar a seguinte, poderanse adquirir unhas bolsas moi bonitiñas deseñadas por David Sierra para a ocasión. Ide lixeiros se non queredes quedar sen unha, gato que avisa non é traidor!!

O minino sorrinte estará este ano no local número 5 do mapa, non damos máis pistas para que poidades gozar coa procura, vémonos de 11 a 23!!

E para rematar a xornada haberá unha festa de despedida na Casa de Arriba cunha prometedora pinchada de boa música en galego organizada por GalegoLab a partir das 12 da noite da man dos dilleis Iago Martínez e María Yáñez. Non se pode pedir máis.

1 comentarios:

ModernismAndVintage on 9 de septiembre de 2010, 12:39 dijo...

Gracias por pasarte por mi blog!
Me gustan tus muñequitos ^^

;)